Fotciencia

22 Xul 2021

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca Fotciencia18 cuxo obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas.

A temática das imaxes deberá ser a ciencia e a tecnoloxía. As imaxes deberán estar relacionadas coa investigación científica e as súas aplicacións tecnolóxicas e industriais, reflectindo o obxecto de estudo da actividade científica, as persoas que a realizan, a súa instrumentación e instalacións ou as tecnoloxías que resultan do avance científico.

Unicamente admitiranse imaxes en formato dixital, debendo ir acompañadas dun texto que permita interpretar o seu interese científico ou tecnolóxico.
As imaxes presentaranse a unha das seguintes modalidades:
- Micro: cando a dimensión real do obxecto fotografado sexa menor ou igual a 1 mm ou a imaxe fose obtida mediante un instrumento de micrografía (óptica ou electrónica) ou técnicas de difracción.
- Xeral: cando a dimensión real do obxecto fotografado sexa maior a 1 mm.

Xa sexan Micro ou Xeral, as persoas participantes poderán adscribir a súa imaxe, ademais, a modalidades específicas sobre Agricultura sostible, sobre Alimentación e nutrición ou sobre a ciencia fronte ao COVID.

A modalidade da ciencia na aula pretende fomentar a participación do alumnado de educación secundaria e de formación profesional. O alumnado deberá retratar motivos científicos no seu centro de estudos e acompañar as imaxes, do mesmo xeito que o resto de modalidades, cun texto explicativo.

A presentación das imaxes e os seus correspondentes textos realizarase a través dun formulario dispoñible na páxina web www.fotciencia.es 

No caso da ciencia na aula serán os/ as docentes quen presente as fotografías en nome dos/ as alumnos/ as, previo consentimento dos mesmos e os seus titores ou titoras. Cada docente poderá presentar ata tres fotografas. O alumnado deberá retratar motivos científicos no seu centro de estudos, e acompañar as imaxes cun texto explicativo.

Entre as fotografías presentadas seleccionaranse as dúas mellores imaxes das modalidades Xeral e Micro e unha imaxe por cada modalidade específica sobre Agricultura sostible, sobre Alimentación e nutrición, A ciencia fronte ao COVID e A ciencia na aula.

O prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 14 de outubro de 2021 ás 13:00 horas (hora española peninsular).

Premios
A organización premiará ás dúas imaxes seleccionadas na categoría Xeral e as dúas da categoría Micro cunha cantidade de 1.500 € para cada imaxe, e o resto das modalidades cun importe de 600 € para cada unha delas.

https://www.fotciencia.es/Publico/Info/bases.aspx