600 bolsas de Google a través do proxecto Lanzadeira WiT

03 Nov 2022

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción pon en marcha o proxecto Lanzadeira WiT, no que ofrece 600 bolsas para mozas e mozos de 18 a 35 anos que queiran formarse en competencias dixitais que lles abran camiño a desenvolverse profesionalmente en contornas dixitais.

Para acceder á bolsa gratuíta de formación en liña en IT support con Certificado Profesional de Google non é necesaria ningunha experiencia previa e poden solicitarse a través da páxina de Lanzadeira WiT. Prazas limitadas.

As bolsas foron cedidas polo programa social Work in Tech de INCO Academy, que chegou a máis de 16 países en Europa onde máis de 9.500 persoas formáronse para despegar as súas carreiras na área de Tecnoloxías da Información. Desde que foi posto en marcha en 2018, o 82% dos alumnos e alumnas que o cursaron atoparon traballo, accederon a un posto de traballo mellor ou se incrementou o seu salario.

Deste xeito, a formación ofertada, dunhas 120 horas e que conta cun Certificado Profesional de Google, capacita en competencias relacionadas co Soporte ás Tecnoloxías da Información (IT Support). En concreto, adquírense competencias en resolución de problemas de servizo ao cliente, sistemas operativos, administración de sistemas, automatización e seguridade, coñecementos todos eles imprescindibles para ofrecer soporte en tecnoloxías da información e que teñen unha gran demanda no mercado laboral.

Lanzadeira WiT ofrece ademais unha rede de apoio ao estudante: un plan de tutorización para o acompañamento na experiencia de aprendizaxe e un plan de mentorización no que profesionais expertos na área tecnolóxica e no de recursos humanos orientaranlles neste tránsito laboral.

Requisitos
Estas bolsas diríxense a mozos e mozas vulnerables, de 18 a 35 anos, e de forma prioritaria a mulleres novas desempregadas ou en situación de exclusión ou vulnerabilidade. Para acceder a elas, as persoas interesadas terán que solicitalo directamente a través do formulario para acceder ao proceso de selección.

https://lanzaderawit.campusfad.org/