Encontro Transnacional da Xuventude Emprendedora

25 Xun 2021

Esta fin de semana terá lugar a Mostra e Encontro da Xuventude Emprendedora (MEXE), enmarcado no proxecto LIDERA, onde a mocidade terá a oportunidade de dialogar e debater sobre o emprendemento no eido da cooperación transfronteiriza. Por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado interverá a directora xeral, Cristina Pichel Toimil.

PROXECTO LIDERA

Aprobado ao amparo do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), este proxecto ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos, proroogado ata o 30 de xuño de 2021.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.