Elixe o teu ciclo formativo de FP

24 Xun 2022

Ata o 5 de xullo estará aberto o prazo para solicitar un ciclo formativo de grao medio ou grao superior ou un curso de especialización si xa cursaches anteriormente un ciclo. Tamén podes optar pola FP dual.

Ata as 13:00 horas!!

A Consellería de Educación actualiza a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas na modalidade dual. Tamén podes optar pola oferta modular de formación profesional do sistema educativo polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

Busca ao teu ciclo de grao profesional básico, grao medio, grao superior e FP dualhttp://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas

https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp