As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.
Ademais, tamén continuarán coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto da FPFE, na súa conta de Instagram.
Se vos xorde algunha dúbida, os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00 e venres e sábado ate as 22:00. Podedes estar ao tanto de todo o que fan a través da súa conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na nosa web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com , na cal poderedes estar ao tanto das súa actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas...
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/