A área de Mocidade do Concello de Allariz, vén de crear un novo espazo municipal de estudo con acceso a Internet. As novas dependencias, que se coñecen como Aula do Saber, xorden co obxectivo de “facilitar á mocidade dende os 14 anos un lugar axeitada para a súa actividade académica”.
O espazo conta con acceso á Rede e está localizado nas instalacións da Casa da Mocidade. Tamén conta con mobiliario adaptado ás necesidades das e dos estudantes.
O seu horario de apertura será de luns a sábado de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 21:00h.
Ademáis deste centro de estudos, o Concello habilitou un estudo de gravación para a xente nova, que estará a disposición da xuventude local baixo reserva en radio@allariz.gal ou no telefono 988 680 434.