A Consellería de Educación convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño, e de Música para o curso 2021/2022.
Requisitos de acceso: para o acceso aos estudos superiores, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica. Haberá unha proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Prazo de inscrición nas probas: a inscrición realizarse ata o día 17 de xuño
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
Datas das probas específicas:
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 6 de xullo en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño desenvolveranse o día 6 de xullo nas catro Escolas de Arte e Superiores de Galicia (EASD).
- A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais desenvolverase o día 6 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática darán comenzo o día 6 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores:
A esta proba poderán presentarse os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e cumpran os 18 anos no 2017, agás os aspirantes ás ensinanzas superiores de Música, para os que a idade mínima de acceso é de 16 anos.
Estas probas realizarase en Santiago de Compostela no IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, número 5; o día 28 de xuño
Máis información no DOG do 18 de maio de 2021
Escolas de Arte e Superiores de Deseño: http://www.edu.xunta.es/web/node/1604
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia: http://www.esadgalicia.com
Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: http://gradoconservacionbbcc.es/
Ensinanzas superiores de música: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113/all