Reboreda-Abades, 6 CP 36589 Silleda (Pontevedra)
A poboación de referencia a que hai que chegar é Bandeira, en Silleda, Pontevedra.
Dende alí son 5 quilómetros e están tódolos cruces indicados.
T. 986 69 66 22
FervenzAventura é un Centro de Actividades na Natureza, preto da Fervenza do Toxa, a máis alta e espectacular de Galicia.
O edificio consta de 6 aulas de actividades, 1 sala de usos múltiples, 7 cuartos con liteiras, 2 comedores, pistas deportivas (voleibol, fútbol, pista de hípica, piscina...), granxa, invernadoiro.
A instalación está adaptada parcialmente mediante camiños pavimentados. As habitacións teñen liteiras e hai 4 baños adaptados. A piscina non está adaptada.
-
AVENTURA NA FERVENZA
ACTIVIDADES
Ambientais a artesanais: contacto co mundo rural a través de animais de granxa e traballo no horto eco-educativo, coñecemento do medio rural con xogos no bosque para coñecer a flora e fauna interpretando rastros e analizándoos na aula da Natureza, familiarización co proceso artesanal da lá, teares e coiro, podendo facer pequenas artesanías; deportivas: hípica, escalada nocturna, vivac, geocaching, tiro con arco e tirolina; outras actividades: xogos nocturnos, discoteca e piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura na Fervenza |
23-30/07 |
05-06-07-08-09 |
148 € |
360028 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.