Albergue A Fábrica da Luz (Parada de Sil)

A Fábrica da Luz. Lugar A Fábrica da Luz s/n. Barxacova.

42°22'33.9"N 7°29'53.4"W

T. 988 984 990/ 679 060 509

O albergue A Fábrica da Luz é unha instalación moderna nun edificio emblemático como é antiga central hidroeléctrica, unha das primeiras de Galicia. Conta con calefacción de chan radiante, taquillas individuais con chave e respecta ao máximo o medio, coa utilización de pellets e liteiras de madeira ecolóxica.

Dispón de espazos exteriores amplos rodeados de bosque autóctono. Conta con aula de audiovisuais, salas de biblioteca e xogos.

No exterior dispoñemos dunha ampla terraza á sombra dos castiñeiros.

O espazo do comedor e sala de xogos están situados nunha primeira e segunda planta sen ascensor, polo que non estarían adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

  • BUSCANDO AS ORIXES

ACTIVIDADES

Multiaventura: caiac polo Canón do Sil, ruta de sendeirismo polas Carriozas, xeocoaching, obradoiro de supervivencia na natureza, green xincana, baño de bosque nun souto centenario, xogos cooperativos, ioga, btt, lipdub e skackline; outras actividades:intercambio interxeracional coa Asociación de Mulleres Rurais de Parada do Sil, visita ao Museo do Chocolate.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Buscando as orixes

01-08/07

09-10-11-12

148 €

320016

11-18/07

09-10-11-12

148 €

320017

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

fabrica da luz parada de sil