Datos xerais
Lugar a Carballa, s/n, Cesullas, 15116 Cabana de Bergantiños (A Coruña).
Acceso por estrada en coche; estación de tren ou autobús próximas. Pasa un autobús diariamente a intervalos regulares con saída da estación de autobuses de Carballo.
T. 690 610 065
O albergue está situado a pé da Ría de Cabana e ten acceso ás pistas polideportivas do colexio, 2 canchas de fútbol sala, cancha de baloncesto e parque infantil.
Consta de 45 prazas para durmir, divididas en tres módulos de 15 prazas por módulo. Conta con sala común de descanso equipada con sistema de audio e vídeo, zona de ocio con ordenadores e conexión a rede WIFI, comedor e cociña totalmente equipada.
Edificio adaptado a persoas con discapacidade, con acceso a habitacións, cociña, comedor e sala de descanso. No conta con ascensor. Hai un cuarto reservada a persoas con discapacidade exclusivamente, cunha soa cama e baño con ducha totalmente adaptado dentro do cuarto.
• AVENTURAS NA PRAIA E NATUREZA
ACTIVIDADES
Deportivas: escape Room, xogos na praia, xogos náuticos, paddel surf, descenso do Anllóns en caiac, tiro con arco e xogos na area; excursións: Museo do Xogo Tradicional (Melga), cascada da Saimia, saída polo Rego dos Muiños ata o Castro de Borneiro e polo Dolmen de Dombate (teatralizada); ambientais: coñecemento da riqueza da flora e fauna do Esteiro; outras actividades: xogos populares no entorno do Río Anllóns
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventuras na praia e natureza |
31/07-07/08 |
11-12-13-14 |
148€ |
150035 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.