Puerto Roque, N-521, km. 150,50, 10500 Valencia de Alcántara (Cáceres).
O Albergue está construído no enclave natural de Puerto Roque, N-521, km. 150,50 situado en medio dun gran piñeiro e a tan só 1 km de Portugal. A instalación conta con: habitacións con capacidade para 4 e 5 persoas con baño compartido con dúas duchas, dous servizos e catro lavabos, pistas deportivas, comedor, sala de televisión, sala de usos múltiples, cociña, enfermería e piscina.
MULTIAVENTURA E PORTUGAL
ACTIVIDADES
Multiaventura: deportes ao aire libre, itinerarios ambientais, trekking e roteiros; excursións: visitas de interese turístico e cultural a Portugal; outras actividades: animación, obradoiros, xogos e veladas. A instalación conta con piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
INSTALACIÓN XUVENIL |
MODALIDADE |
ANO NACEMENTO |
DATAS |
COTA |
CÓDIGO |
Campamento Santa María de Guadalupe (Valencia de Alcántara) |
Multiaventura e Portugal |
08-09 |
30/07-08/08 |
247,50 € |
500003 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.