O equipo de Correspondentes xuvenís do CIFP A Farixa de Ourense estrea canle de Podcast.
Nesta aventura radiofónica o equipo de correspondentes busca difundir informacións de especial interese para a súa comunidade educativa dun xeito ameno e entretido.
A intención, se os estudos o permiten, é publicar un episodio por semana. Non vos perdades a vosa cita semanal coa información!!!
Tamén contan cun blog para difundir información.