Non xogues co xogo. Aposta pola vida

04 Mai 2021

A Deputación da Coruña e AGALURE lanzan a campaña Non xogues co xogo. Aposta pola vida. nonxogues2

Aposta pola vida para loitar contra a ludopatía na mocidade e, nun ámbito máis específico poñer o foco nun uso racional das novas tecnoloxías e dos servizos de xogos e apostas online.

A campaña apóiase directamente nun vídeo que se está a difundir nas redes sociais dende este primeiro de maio. Está protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, María Mera, David Perdomo, Eva Iglesias e o dúo Verto.

No vídeo lánzanse dúas mensaxes ben claras: “As apostas deportivas non son un xogo” e “cada vez son máis os casos de ludopatía entre a mocidade”.
O vídeo desta campaña, coa que se pretende concienciar á mocidade dos problemas de adicción que carrean as apostas e os xogos de azar desde as idades máis temperás, difúndese nas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) da Deputación da Coruña e tamén nas de AGALURE para “chegar directamente ao público obxectivo desta acción a través das canles de comunicación que máis empregan”.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=9376