Concerto das Letras Galegas: LauraLaMontagne e PicoAmperio

30 Abr 2021

O Auditorio do Mar de Vigo acollerá o tradicional Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Será presencial, o vindeiro 16 de maio, e poderase seguir en directo a través da web do CCG, e tamén a través da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG. O Concello de Vigo colabora na realización deste iniciativa que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas.

As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar a través da plataforma Teuticket.

http://consellodacultura.gal/especial/concerto-letras-2021/