A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca o programa TRANSFORMACIÓN DIXITAL, XESTIÓN EMPRESARIAL E EMPRENDEMENTO NAS EMPRESAS CULTURAIS E CREATIVAS.
O programa é gratuíto e está orientado a:
•Mozas/os menores de 30 anos, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
•Emprendedores/as que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa cultural para a súa posterior posta en marcha.
O obxectivo fundamental do programa é proporcionar unha visión global daqueles sectores de actividade organizada que teñen como obxecto principal a produción ou a reprodución, a promoción, a difusión e/ou a comercialización de bens, servizos e actividades de contido cultural, artístico ou patrimonial.
Duración: 6 semanas. Clases ONLINE a través de ZOOM (3 tardes á semana) e 1 hora de tutoría individual á semana.
DATA: Do 10/05/2021 ao 25/06/2021
Máis información e INSCRICIÓNS