Escola de Tempo Libre O Recreo

A Escola de Tempo O Recreo nace con obxecto de ofrecer formación de calidade e especializada no ámbito do lecer e tempo libre e da animación sociocultural.etl el recreo logo
 
A Escola ten como finalidade:

- Atender as demandas formativas en materia de educación non formal especializada en lecer e tempo libre
- Realizar propostas formativas no ámbito da educación non formal e a animación sociocultural
- Promover e animar á participación xuvenil fomentar valores de solidariedade e convivencia entre os mozos -Conseguir o nivel de formación do alumnado que permita a súa titulación para dirixir actividades de tempo libre, nos termos establecidos pola normativa reguladora desta materia
- Fomentar a autoformación e o perfeccionamento do profesorado, promovendo a investigación e o intercambio de - Experiencias en todas as materias relacionadas coa problemática xuvenil e sociocultural
- Establecer os medios necesarios para garantir un servizo formativo de calidade

A formación a desenvolver terá por obxectivo capacitar ás persoas para a realización de actividades socioculturais e recreativas para o tempo libre urbano e na natureza, e a formar a persoas capacitadas para a coordinación dun equipo de monitores/as e especialistas para a organización de actividades de animación sociocultural e recreativas

Escola de Tempo O Recreo
Teléfono: 674 764 997
Enderezo eletrónico: espacioelrecreo@gmail.com
https://espacioelrecreo.com