Actividades en Oleiros

16 Abr 2021

O equipo das Casas da Mocidade As Pedras e Portaberta acaban de publicar o cartaz de abril coas novas actividades programadas.

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais, tamén continuarán coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto da FPFE, na súa conta de Instagram.

oleiros2oleiros3

A súa web: centrosdamocidadeoleiros.wordpress.com. A través desta poderase estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...

Máis inforamción nas Casas da Mocidade de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00, na conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou nos correos electrónicos: pix.portaberta@gmail.com e pix.aspedras@gmail.com