Videoxogo O Mester

08 Abr 2021

O concurso de videoxogos (a game jam Afonso X e Galicia) lanzado polo Consello da Cultura Galega e a asociación Videoxogo.gal ao abeiro da mostra Afonso X e o mester2Galicia, organizada polo CCG para celebrar e visualizar os vencellos do monarca coa nosa terra, xa ten contribución gañadora.

Trátase de O Mester, xogo deseñado polos alumnos do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos (Universidade da Coruña) Carlos Balado Sánchez e Pablo García de los Salmones Gómez.


Queres probar o xogo? Atrévete!

En O Mester xogarás coma un personaxe sacado das ilustracións das Cantigas de Santa María para derrotar ós demos en duelos musicais nos que o teu laúde é a túa arma.