Obradoiro Online de Youtuber e Videomarketing

07 Abr 2021

O Concello de Arteixo, a través do seu Servizo Municipal de Xuventude, vai organizar unha actividade formativa para converter aos participantes (mozas e mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos) en creadores e distribuidores audiovisuais. Trátase do Obradoiro Online de Youtuber e Videomarketing, que se celebra os días 17 e 24 de abril e 8, 15 e 22 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas.
O número de prazas será de 20.
O prezo da actividade é de 10 euros e a inscrición pode facerse presencialmente no Departamento Xuventude (con cita previa a través do 981 659 180) ou mediante a conta de correo xuventude@arteixo.org