Bolsas para estudos artísticos

05 Abr 2021

A Deputación da Coruña convoca 25 bolsas destinadas a persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o período 2021-2022, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de audiovisual: 2 bolsas
Área de danza e artes do movemento: 3 bolsas
Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 5 bolsas
Área de música: 12 bolsas
Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas

Requisitos:
- Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña
- Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.

O importe de cada unha das bolsas é de 10.000 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata ás 14:00 horas do día 05 de maio de 2021.

Máis información no BOP da Coruña do 5 de abril de 2021 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/bolsas#Estudos+artisticos