Bolsa de dramaturxia e creación

05 Abr 2021

O Centro Dramático Galego (CDG) convoca unha bolsa de dramaturxia e creación.

O obxectivo desta convocatoria é apoiar o proceso da escritura cunha axuda de 4.000 euros, e, na segunda, todo o proceso de produción e posta en escena cunha achega de 12.000 euros. O obxectivo é acompañar de maneira global un proxecto escénico, que será coproducido polo CDG e representado no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Segundo a convocatoria publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), ata o 16 de abril de 2021 inclusive poderase presentar un proxecto de escritura dun máximo de 10.000 caracteres, xunto coa traxectoria das persoas ou colectivos que participen e unha carta de motivación. A proposta adxudicataria dispoñerá de catro meses para a entrega do traballo completo. Na avaliación teranse en conta a calidade e orixinalidade da proposta, a actualidade e interese da temática, a duración da montaxe e o número de intérpretes.

http://www.agadic.gal/gfx/Blog/files/Resoluci%C3%B3n_Bolsa_Dramaturxia_2021.pdf