Galicia emerxe, concertos musicais

05 Abr 2021

CRTVG ofrecerá ao longo deste ano, a través das súas canles de televisión, radio e Internet, 50 concertos de destacados/as artistas e grupos galegos, en convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para difundir o ciclo ‘Galicia Emerxe’.

Mercedes Peón, Bala, Son Trío, Blanco Palamera, Xoel López, Boyanka Kostova, A Banda da Loba, Sés, Luar na Lubre, Wöyza, Budiño, Rodrigo Romaní, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Susana Seivane, Uxía, Eladio y los Seres Queridos e De Vacas son algúns do medio cento de artistas que participan en ‘Galicia Emerxe’, unha serie de recitais de 40 minutos de duración que se emitirán nas ‘Noites Temáticas’ da G2.

Os espectadores tamén terán a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle, os sábados arredor das 10.40 h. Unha vez rematada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00 h dos sábados.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/galicia-emerxe