Vestir épocas 1860-1960

05 Abr 2021

O Museo de Belas Artes da Coruña mantén aberta a exposición Vestir épocas 1860-1960

A mostra divídese en nove seccións que integran roupa interior, traxes de bautismo e comuñón, vestidos de noiva e traxes de etiqueta para cabaleiros, sombreiros e outros complementos, así como loito e uniformes. Tamén se poden contemplar traxes de paseo, roupa de día e de noite, e roupa de servizo, ademais de pedrería e complementos.

Comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar Quiroga e o especialista en moda Román Padín Otero, a exposición pon de relevo o valor da costura dentro da arte a través de vestimentas de gran beleza, prodixio técnico, singularidade museográfica e relevancia histórica.

Percorrido virtual
O Museo de Belas Artes ofrece tamén a posibilidade de percorrer a mostra de xeito virtual a través da web do centro. A visita permite achegarse a cada sección con vídeos explicativos e informacións sobre os usos e costumes da época canto á moda e ás vestimentas que compoñen a colección.

A exposición estará aberta ata o 30 de maio.

http://vestirepocas.belasartesnacasa.es/