Bolsas de investigación biomédica: programa Cicerone

30 Mar 2021

O Centro nacional de investigacións cardiovasculares convoca 26 prazas para o plan de formación CICERONE

A convocatoria  CICERONE (Prácticas de laboratorio no  CNIC) ten como obxectivo achegar a investigación biomédica aos estudantes de  Master e dos últimos cursos dun Grao universitario de Biomedicina (Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, etc.) ou áreas relacionadas con este campo (Física, Química, Enxeñería, etc.) mediante estancias de 6 semanas no CNIC para a realización de prácticas durante un período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2021.

Requisitos dos solicitantes:
Ser estudante universitario/a de segundo ciclo ou  Master relacionados coas ciencias biomédicas ou áreas relacionadas con este campo (física, química, enxeñerías).
Ter aprobados o 50% de todos os créditos de grao o día 20 de marzo de 2020.
Posuír unha nota media dos créditos cursados (tanto de grao como de máster) igual ou superior a 8 en escala 1-10.

Contía:
Os candidatos seleccionados recibirán unha subvención económica de 1.500 €. Aos participantes que residan fose da Comunidad de Madrid tamén se lles cubrirán os gastos derivados do desprazamento a Madrid en clase turista ata un máximo de 500 euros (1 viaxe de ida e volta desde o seu lugar de residencia habitual).

O prazo para a recepción do formulario de solicitude é o día 27 de abril de 2021.
Máis información https://www.cnic.es/es/cicerone  e no BOE do 30 de marzo de 2021.