Ilustración de Laura Romero Ilustración de Laura Romero

A Lindona de Galicia

29 Mar 2021

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, o Consello da Cultura Galega recupera un texto do dramaturgo Andrés de Claramonte, que escribiu a principios do século XVII. Trátase da obra La Lindona de Galicia, unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia.

Neste especial poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da época ou a relación entre a ficción e os feitos nos que está inspirada.

http://consellodacultura.gal/especiais/a-lindona-de-galicia/