A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa -no marco da REDE EUSUMO- para abril de
2021 ofrecendo 4 actividades.
Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.
Son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.
- Ferramentas tecnolóxicas para a economía social. 40 h. Inicio 7 de abril
- Ideas cooperativas en acción. 20 h. Inicio 13 de abril
- Lánzate a emprender en cooperativa (Avanzado). 40 h. Inicio 20 de abril
- Ideas cooperativas en acción (Avanzado) 40 h. Inicio 27 de abril