Autoemprego para persoas galegas retornadas

29 Mar 2021

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo.

Persoas beneficiarias
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Liñas de subvencións
– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Contía:
- Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: 5.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.
O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.
- Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego: 3.000 euros.

O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR937A.

Máis información no DOG do 29 de marzo de 2021 e en http://emigracion.xunta.gal