Bolsas para a mocidade deportista da provincia da Coruña

26 Mar 2021

A Deputación da Coruña convoca bolsas para apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles ás persoas deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

Condicións particulares das e dos deportistas:
Grupo A: 12-17 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2004 (incluído)
Grupo B: 18-23 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro de 1998 (incluído)
Grupo C: 24-30 anos; persoas deportistas nacidas a partir do 1 de xaneiro 1991 (incluído)

Residencia en calquera concello da provincia da Coruña, cunha antigüidade ininterrompida, polo menos, dende o 1 de xaneiro do 2019.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal

Prazo de presentación de solicitudes: 14.00 horas do día 23 de abril de 2021
Máis información no BOP da Coruña do 26 de marzo de 2021