A OMIX de Mos organiza a “Semana da Cultura Urbana nas redes”, e unha programación cargada de diferentes disciplinas como o HipHop, o Break, Graffiti, Skateboard, Roller Skate, Rap, etc a través de vídeos, documentais, apps, campionatos e series que lle dan un maior atractivo, co obxectivo aproximar e dar a coñecer a cultura urbana ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 12 e 25 para que se poidan iniciar, aprender e practicar estas actividades, así como para aquelas persoas que xa teñen nocións, para que poidan perfeccionarse e ampliar os coñecementos.
Está actividade pretende chegar a toda a poboación moza por igual, con actividades impartidas por profesionais da ámbolos dous sexos, co obxectivo de fomentar a desaparición de estereotipos de xénero. Nesta actividade, a poboación moza coñecerá tanto a homes como mulleres que practican actividades e deportes que son considerados só para o xénero masculino, como o graffiti ou o skate, ou xéneros musicais como o Rap.
A programación será publicada no Facebook da Omix de Mos e no Instagram do Concello de Mos