Subvencións á produción escénica: teatro, circo, maxia, danza...

25 Mar 2021

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións á produción escénica para o ano 2021.

Modalidades:
– Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación.
– Modalidade 2: subvencións á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia.
– Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito danza e artes do movemento.

No caso das modalidades 1, 2 e 3 a estrea deberá ser entre o 1 de abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022.

– Modalidade 4: subvencións á actividade escénica de carácter trianual. Estas axudas van dirixidas a subvencionar, como máximo, dous proxectos escénicos que se desenvolveran durante os anos 2021-2023. Os proxectos deberán conter polo menos unha produción con data de estrea entre o 1 de abril de 2021 e o 1 de xaneiro de 2023 e un plan de xira de 70 funcións que consideren tanto o mercado galego como o exterior.

Beneficiarias:
Persoas e empresas dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, e quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2021.
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT403B
Máis información no DOG do 25 de marzo de 2021 en www.agadic.info