Mediadores/as xuvenís en prevención de trastornos adictivos

25 Mar 2021

A OMIX de Cambre, en colaboración con ADAFAD e a Consellería de Sanidade, organizan un curso de formación de Mediadores/as xuvenís en prevención de trastornos adictivos, cunha duración de 20 horas, en modalidade semipresencial.

Programa:  
1. Mozos e mozas de hoxe e coa Covid-19 (e de onte?)
a. Drogas e drogodependencia
Europa – España – Galicia. Que nos din os datos?
Conceptos básicos. Evidencia científica: Alcol e outras drogas
b. Internet e redes sociais
Panorama actual
Comezou coma unha broma... xa non o é!

2. O/A mediador/a xuvenil e a prevención
a. A mediacion como proceso. Sentando bases!
b. Mediador/a xuvenil: rol e funcións.
c. Prevención:
Factores de proteción / factores de risco (tamén coa Covid-19)
Estratexias en prevención: individuais e grupais. Tecnicas e dinámicas de grupo.  

3. Recursos e direccións de interese

Ao final da formación recibirás un diploma acreditativo.

Destinatarios/as: Mocidade de 18 a 30 anos.

Datas e horarios:

Presencial:  sábados 17 e 24 de abril de 2021, de 10:00 a 14:00
En liña:  xoves 29 de abril e 6 de maio, ás 18:00

Inscrición:
Prazo de solicitude: do 22 de marzo ao 7 de abril de 2021

Atoparás a información e a folla de solicitude no seguinte enlace:
http://omix.cambre.es/actividad.html?idActividad=375 

Máis información:
http://omix.cambre.es/
OMIX – Casa Arrigada – 981 613 170 – infoxuvenil@cambre.org
PMIX - Casa das Palmeiras – 981 650 269 – 604 027 967 (whatsapp) – pixtemple@cambre.org