E-martes na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

25 Mar 2021

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia as XIV e XV xornadas de formación práctica dixital (E-martes)

Contidos:
- A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
- Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
- Xestor de expedientes de contratación (Plation).
- Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.

Desenvolvemento:
Lugar:  Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas:  os martes 6 e 20 de abril de 2021.
Horario:  mañá e tarde.
Duración:  6 horas lectivas.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Prazos para a inscrición:
- Para a XIV Xornada E-martes, que se desenvolverá o día 6 de abril: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 29 de marzo de 2021.
- Para a XV Xornada E-martes, que se desenvolverá o día 20 de abril: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 12 de abril de 2021.

Poderá obterse calquera outra información nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas,

Máis información no DOG do 25 de marzo de 2021 e en https://egap.xunta.gal