Abril en Oleiros

24 Mar 2021

O equipo das Casas da Mocidade As Pedras e Portaberta acaban de publicar o cartaz de abril coas súas actividades programadas.cambre33cambre44

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais, tamén continuarán coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co noso contacto da FPFE, na nosa súa de Instagram.

A través desta poderase estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...

Se vos xorde algunha dúbida, están dispoñibles nas Casas da Mocidade de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00, na conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou nos correos electrónicos: pix.portaberta@gmail.com e pix.aspedras@gmail.com

Aproveitan para lembrarnos a súa web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/