Talento audiovisual galego, axudas á creación

24 Mar 2021

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para o fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras.

- Modalidade A: axudas á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.
- Modalidade B: subvencións a curtametraxes, coas seguintes submodalidades:
B1. Axudas a curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.
B2. Axudas a curtametraxes en construción, que estean gravadas en versión orixinal galega, teñan unha duración inferior a 60 minutos e realicen os traballos de posprodución en Galicia. As subvencións terán unha contía de 4.000 euros.
- Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artístico e creativo e que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.

Persoas beneficiarias
1. Poderán optar ás subvencións referidas nas modalidades A e B1 todas as persoas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, en Galicia ou nun Estado membro da UE, sempre que realicen o proxecto de xeito non profesional.
2. Poderán optar ás subvencións referidas na modalidade B2, C e D os/as directores/as residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, en Galicia ou nun Estado membro da UE, que que realicen o proxecto de xeito profesional.

As solicitudes tramitaranse a través de https://sede.xunta.gal co procedemento CT207E
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2021

Máis información no DOG do 24 de marzo de 2021 e en http://www.agadic.gal