XII Concurso de Viñetas “Moito por cambiar”

23 Mar 2021

A Deputación da Coruña convoca o XII Concurso de Viñetas “Moito por cambiar”, ano 2021. Conmemoración do 8 de marzo de 2021, Día da Muller.

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para que o alumnado reflexione sobre os efectos e impactos da COVID-19 no conxunto da sociedade, especialmente no relativo a sustentabilidade da vida que reclama novas demandas sociais e cambia as prioridades, e cómo éstas inflúen de forma desigual na vida das
mulleres.

Poderán participar calquera persoa con idades comprendidas entre 12 e 18 anos e de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.

Formato.
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico de papel. A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.

Categorias e premios.
Poderase participar en dúas categorías:
Categoría A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos).
Outorgaranse primeiro, segundo e terceiro premio.
Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
Categoría B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).
Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.
Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ás 14.00 horas do 26 de abril de 2021

Forma de presentación
Os traballos entregaranse nun sobre pechado; no exterior do sobre indicarase XII Concurso de Viñetas “MOITO POR CAMBIAR”, a categoría na que se presenta (categoría A para persoas de entre 12 e 14 anos e categoría B para persoas entre 15 e 18 anos) e un pseudónimo como identificador do traballo.
Dentro deste sobre irán o traballo e un sobre pechado (2) co pseudónimo no exterior. No seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal (anexo 1) cos datos requiridos.
As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña (avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña) ou en calquera rexistro de Concellos ou Xunta de Galicia

Bases: BOP da Coruña do 11 de marzo de 2021
Convocatoria: BOP da Coruña do 23 de marzo de 2021