A Deputación da Coruña convoca o III Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade.
O concurso ten por obxecto o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e/ou contribúan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e intersecionalidad.
Convócanse 8 premios, por un importe máximo de 12.500 € cada un para facilitar o desenvolvemento do proxecto.
Os proxectos poden orixinarse a partir dalgún dos diferentes campos artísticos: son (música...), palabra (literatura, investigación…), escena (teatro, danza…), artes plásticas, imaxe (audiovisual, fotografía, curtametraxe, documental…) ou outros entornos creativos (arte urbana, arte dixital…).
O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata ás 14:00 horas do 30 de abril de 2021
Máis información no BOP da Coruña do 23 de marzo de 2021