O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
Idade a partir dos 23 anos
A solicitude realizarase no modelo normalizado, acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
A solicitude presentarase, preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social
http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/FAQ/48581/42b9f3e8-8eea-4106-864e-2b5bdad27269#IMV2
Máis información: BOE Núm. 154, luns 1 de xuño de 2020. https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/01/pdfs/BOE-A-2020-5493.pdf