Publi&Webinars

17 Mar 2021

Publi&Webinars é un ciclo de conferencias e talleres que conecta a creación e a difusión de contidos na rede.

Desenvolveranse de xeito virtual entre marzo e maio

Este ciclo integrado por seis conferencias e talleres tratará por un lado a creación de produtos multimedia e, por outro, a difusión de produtos multimedia.

Desenvolverase a través de Campus Remoto da Universidade de Vigo e está aberto a toda persoa interesada.

Venres 26 de marzo:  relatorio Social ads en Facebook e Instagram, a cargo do egresado da facultade e xestor de proxectos na empresa Elogia Adrián Aira, quen afondará en como a “microsegmentación” que implican as redes sociais fai posible que os profesionais da publicidade poidan “crear campañas específicas”.

Venres 9 de abril: coloquio con María Xosé Saborido, responsable de formación en Dinahosting, empresa que colabora con esta actividade proporcionando de xeito gratuíto o aloxamento aos espazos web que o alumnado ten que desenvolver no marco da súa materia. Esta conferencia estará centrada en abordar como se xestiona a atención ao cliente desde o punto de vista dos negocios web, que é tamén unha parte fundamental da comunicación dixital das empresas.

Martes 13 de abril o consultor e experto en posicionamento de espazos web en buscadores, Wajari Velásquez impartirá un relatorio titulado Claves SEO en 2021, no que achegará unha serie de claves para lograr un mellor emprazamento das páxinas creadas co xestor de código aberto WordPress.

Venres 16 de abril: Ana Lage e Anxo Rey falarán da creación de podcasts, poñendo o foco en como converteron unha afección, que era ver series no programa Rayos & Retruécanos.

Martes 27 de abril: taller centrado en como crear unha tenda online, que será impartido polo consultor web Anxo Sánchez e que estará dedicado a Woocommerce, un plugin de comercio electrónico para o xestor de contidos WordPress.

Venres 7 de maio: coloquio E-mail márketing: buenas prácticas integradas en una estrategia multicanal, a cargo de Daniel Alves, responsable de formación e internacional da emprega portuguesa E-goi, no coloquio afondarase tamén no traballo de xestión de datos, optimización ou analítica que implica o envío masivo de correos electrónicos con fins publicitarios.

Máis información