Prácticas laborais en Europa

12 Mar 2021

A Cámara de Comercio da Coruña, dentro do programa  PICE, convoca axudas para a realización de prácticas ou para traballar en empresas europeas por parte de mozos beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Tanto as prácticas en empresa como os contratos laborais están dotados dunha axuda económica.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de decembro de 2021

As estancias internacionais deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2022.

Requisitos: Mozos e mozas de entre 18-30 anos rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil.

http://www.camaracoruna.com/web/camara/movilidad