Cata a lata

11 Mar 2021

Anfaco-Cecopesca e a Fundación Banco Sabadell convocan o 3ª Premio de Deseño ANFACO-Fundación Banco Sabadell, co obxectivo de seleccionar novos deseñadores para a creación dun deseño de packaging que se utilizará para empaquetar as latas que se empregan na campaña de promoción do consumo de conservas de peixe e marisco denominada "Cata a Lata" durante un ano.

A iniciativa pretende recoñecer e fomentar o talento creativo dos novos deseñadores e darlles a oportunidade de mostrar o seu traballo, ademais de supoñer para o sector da industria conserveira de peixes e mariscos un estímulo para avanzar na innovación no envase do mercado.

O/a deseñador/a ou artista que queira participar no concurso deberá enviar a súa candidatura a través da web da Fundación Banco Sabadell ata o 30 de abril de 2021.

Requisitos:  Deseñadores de calquera nacionalidade, menores de 35 anos, que cursasen estudos de deseño en calquera Escola de Deseño de España.

Dotación: Un xurado formado por recoñecidos profesionais, seleccionará ás 10 persoas finalistas e posteriormente ao/á gañador/a, que será obsequiado cun premio de 6.000 euros.

Ademais, a súa creación utilizarase para empaquetar as latas que se empregan na campaña de promoción de consumo de conservas de peixe e marisco, denominada "Cata a Lata", de xuño do 2021 a xuño de 2022.

https://www.fundacionbancosabadell.com/wp-content/uploads/2021/02/bases-premios-anfaco-2021-es.pdf