Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021

10 Mar 2021

O IES Arcebispo Xelmírez I convoca o Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021

Este concurso ábrese á participación de estudantes de Bacharelato de toda a Galicia.

O tema será libre e único, pero preferiranse os traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser totalmente orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante.

Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din -A4 e non superior a doce páxinas Din A4, e segundo as seguintes directrices: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de entreliñado 1’5.

O prazo de admisión dos traballos estará aberto ata o 30 de xuño de 2021.

Presentación dos traballos
A través de correo postal, presentaranse nun sobre pechado no que se fará constar o título do texto e o pseudónimo elixido polo concursante:
- Un exemplar en papel, impreso por unha soa cara,
- Unha copia do traballo en en soporte dixital (CD-ROM, ROM, pendrive ou similares) en formato PDF.
- Un sobre pequeno rotulado no exterior co pseudónimo e o título do ensaio e, no interior, faranse constar os datos persoais que identifiquen ao autor e forma de contacto (correo electrónico ou teléfono), indicando tamén o centro educativo ao que pertence.

En ningún caso, estes documentos terán datos que poidan permitir recoñecer ao seu autor, posto que se quere garantir o anonimato.

Remitirase todo a IES Arcebispo Xelmírez I indicando no sobre “IX Premio Ensaio Subversivo "Guillermo Domínguez”, Rúa Poza de Bar s/n C.P. 15705 Santiago de Compostela. A Coruña.

Para aclarar calquera dúbida poderase consultar en momento por correo electrónico ao enderezo guillermopremio@gmail.com

Premios:
- 1º Premio: dotado con 500 euros.
- 2º Premio: dotado con 200 euros.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez/node/814