Bolsa de Creación "A arte de voar"

08 Mar 2021

A Fundación A arte de voar, Norma Editorial e Grupo Edelvives convocan a primeira Bolsa de Creación "A arte de voar", cuxo obxectivo é potenciar a creación no ámbito da historieta, co apoio a un proxecto orixinal e innovador, tanto desde o prisma gráfico como a nivel narrativo.

O gañador recibirá unha bolsa e un contrato de edición con Norma Editorial para publicar a obra seleccionada.

Pódese presentar un máximo dunha obra por autor ou equipos de traballo (como o formado por guionista e debuxante). Deberá ser inédita.

A obra contará cun prazo máximo de doce meses para desenvolverse desde o momento en que se coñeza o fallo do xurado. Poderá contar cunha prórroga de dous meses, acordada coas entidades convocantes no caso de que se considere necesario.

Deberá desenvolverse nun mínimo de 64 e un máximo de 128 páxinas, cifra que poderá incrementarse de maneira consensuada coas entidades convocantes.

O prazo de recepción de solicitudes estará aberto ata o día 15 de xuño de 2021 ás 23:59.

Poderán presentarse autores de calquera nacionalidade, maiores de idade e con residencia en España.

O gañador recibirá unha bolsa de 8.000 euros e un contrato de edición con Norma Editorial para publicar a obra seleccionada.

https://fundacionelartedevolar.com/convocatoria-de-la-beca-de-creacion-el-arte-de-volar/