Convo Nadine 21

08 Mar 2021

Fundación  Nadine acompaña a novos artistas que queren cambiar o mundo, entendendo que a linguaxe artística é un motor de cambio fronte a un reto social ou ambiental a resolver.

Por iso, lanzan a segunda edición de Convo Nadine 21, un programa de apoio á creación artística de mozos e mozas comprometidos co cambio, con proxectos artísticos que se desenvolvan en España. O obxectivo da convocatoria é dotar a novos artistas de ferramentas, recursos e orientación que lles axuden a identificar oportunidades de emprendemento que melloren o seu futuro profesional e acompañalos no camiño para poder emprender os seus propios proxectos e facelos sostibles.

Convo Nadine 21 está pensada para mozos e mozas (artistas ou con inquietudes artísticas) ou colectivos artísticos que utilizan a linguaxe artística en favor dunha causa social ou ambiental. Enténdese por causa social ou ambiental, aqueles proxectos ou obras que expoñan solucións a cuestións relacionadas con: crise climática e ecolóxica, xustiza social, diversidade sexual e de xénero, pobreza, migracións, racismo,  edadismo e terceira idade, discapacidades ou diversidade funcional, humanización, inclusión, educación ao alcance de todas as persoas, mocidade en risco de exclusión, pacifismo, memoria histórica, saúde, etc. O proxecto artístico estará enmarcado dentro das seguintes disciplinas artísticas: artes escénicas, artes visuais, literatura, gastronomía, arquitectura, audiovisual e outras formas disciplinares xustificadas.

A convocatoria desenvolverase en 5 fases:
Fase 1 – Inscrición: do 25/03/2021 ao 18/04/2021 ata as 23:59 h
Fase 2 – Preselección de proxectos. Comunicación de preseleccionados o 10/05/21
Fase 3 – Casting: do 26/05/20121 ao 01/06/2021
Fase 4 – Casting final: 14/06/21 e 15/06/21
Fase 5 – Programa: segunda semana de setembro

A presentación das candidaturas realizarase a través do formulario en liña publicado na páxina web www.nadinefundacion.org.

O casting final celebrarase no Círculo de Belas Artes de Madrid 15 de xuño de 2021.

Ata o arranque das inscricións, podes traballar na túa idea participando nun programa aberto de inspiración que consiste en:
- Briconsellos: Oito brevísimos vídeos que, desde xa, irás vendo no seu Instagram para inspirarte para a Convo Nadine, con consellos de mozos/as emprendedores que están a arrasar, como Elsa Arnaiz, Eugenio García-Calderón ou Carmen Huidobro, e de varias persoas máis. Se te preguntas: como debe ser o meu vídeo de presentación?, que é o impacto social? ou que importancia ten o equipo ou a sustentabilidade do meu proxecto?, bota un ollo a estas pílulas.
- O Grand Prix: Xornada virtual que terá lugar en Zoom para idear proxectos de impacto artístico-social da man de Kike Labián e Alberto Rico Trigo, titores do Programa de acompañamento personalizado de  Nadine. Se tes unha inquietude e non sabes como plasmala, é o evento perfecto para ti.
- Saber Vivir: Dispoñerás de consultorías con membros do noso Consello Asesor (xurado da  Convo anterior) para evitar posibles erros para a convocatoria.

Requisitos
- Ter entre 18 e 32 anos.
- Contar cun proxecto que resolva un reto social ou ambiental a través de calquera disciplina artística.
- Desenvolver o proxecto en España.

Dotación
Os proxectos gañadores optarán á axuda outorgada pola Fundación no marco da convocatoria, que consta de:
- Axuda económica de ata 12000€ por proxecto. (Un máximo de 5 proxectos)
- Programa de acompañamento individualizado.
- Difusión do proxecto ou obra para obter maior visibilidade.
- Formar parte da comunidade Nadine.
- Participación en foros de inspiración para mozos/as emprendedores como oínte ou relator.

Máis Información: hablamos@nadinefundacion.org

https://nadinefundacion.org/convonadine/