Bolsas en internacionalización empresarial

05 Mar 2021

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo convoca bolsas para a formación de mocidade en internacionalización empresarial:

As axudas instrumentalizaranse en varias fases:
1. Fase 0: " Master".  ICEX asumirá os custos do Máster oficial, excepto o prezo público, que se abonará directamente polo alumno ou alumna.  ICEX concederá ademais unha dotación de 500 euros por beneficiario ou beneficiaria para afrontar os gastos de transportes e manutención durante o período do Máster oficial. A axuda poderá elevarse a 2.000 euros nos casos de empadroamento distinto á Comunidad de Madrid desde polo menos 3 anos antes da data de publicación desta convocatoria.
2. Fase I: "Prácticas en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior". As dotacións brutas individuais anuais dependerán da Oficina de destino, abarcando desde 21.300 euros ata 42.800 euros.
3. Fase II: "Prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais". Para o cálculo das contías individualizadas utilizarase o mesmo procedemento establecido para a Fase I.

Requisitos:
- Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
- Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1993.
- Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario. Imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.
- Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo  B2 do  MCERL).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 26 de marzo ata o 22 de abril de 2021, ás 14:00
Máis información  no BOE do 5 de marzo de 2021
www.icex.es/becas