XIV premio internacional Compostela para álbums ilustrados

04 Mar 2021

O Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka convoca o XIV premio internacional Compostela para álbums ilustrados.
Poderán optar ao premio todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes, ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.

As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.

Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:
Cinco copias do texto.
Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas.
Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.

Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo,e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico.Dentro do sobre tamén se incluirán  unha fotocopia  do DNI ou pasaporte  así como unha  breve recensión biográfica.

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 14 de maio de 2021.
O premio é de 9000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares no mes de novembro de 2021.
Máis información en www.kalandraka.com  e no BOP da Coruña do 4 de marzo de 2021