Queres viaxar á Lúa?

04 Mar 2021

Queres viaxar á Lúa? Un empresario xaponés busca oito acompañantes para ir con el no foguete Elon Musk 

O empresario xaponés Yusaku Maezawa decidiu convidar a oito persoas de calquera parte do mundo para compartir, a gastos pagos, con el unha viaxe á lúa.

Quen pode participar?
O empresario anunciou que "calquera persoa que faga algo creativo pode ser considerao un artista" e que iso fai que se abra o abanico de posibles candidatos por todo o mundo.
As persoas candidatos han de cumprir dous criterios: que a actividade que desenvolvan na súa vida cotiá sirva para axudar ás persoas ou a sociedade en xeral e que sexa capaz de axudar ao resto de membros da tripulación que compartan aspiracións similares.

Maezawa proporcionou unha páxina web de rexistro do seu proxecto DearMoon para entrar nesta sorte de casting para viaxar ao espazo. As solicitudes pódense facer ata o 14 de marzo inclusive e espérase que ao longo de maio xa se saiban que persoas acompañarán ao xaponés na viaxe.

A tripulación, incluíndo ao propio  Maezawa, os pilotos e os invitados, será dun total de 12 persoas e partirá, se non hai atrasos (algúns prototipos de  Starship estreláronse en diferentes probas ao longo dos dous últimos anos, o máis recente fai tan só un mes), durante o transcurso de 2023.

https://dearmoon.earth/pre-reg.html