Xacobeo Miudiño

03 Mar 2021

Este proxecto audiovisual destinado a público infantil (concretamente a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) ten como eixo vertebrador o Ano Xacobeo e o Camiño de Santiago e aspira a cubrir un baleiro, dado que non había ata o momento material audiovisual sobre estes temas destinado aos máis novos.

As tres pezas audiovisuais que conforman Xacobeo Miudiño, ”Descúbreo”, “Camíñao” e “Víveo” adaptan boa parte do contido existente na web oficial sobre o Camiño de Santiago a un público cuns gustos, esixencias e capacidades moi específicas. No tocante ao formato, mesturan imaxe real con animación e contan cunha voz en off que fía o relato. Cun tratamento moi ameno, os vídeos buscan ademais a participación activa do espectador, que poderá interactuar co contido na pantalla: premer co rato para saber máis sobre algún aspecto ou responder certas preguntas, de maneira que a experiencia do vídeo sexa en parte personalizada.

Á hora de reproducir os audiovisuais pódense habilitar subtítulos, de xeito que o material sexa accesible para persoass con discapacidade auditiva.

Malia que os tres vídeos que conforman o proxecto son independentes e comprensibles por separado, existen unha orde de visionado recomendable que seque a secuencia “Descúbreo” - “Camíñao” - “Víveo

 

xacobeomiudiño1xacobeomiudiño2xacobeomiudiño3