Axudas para a contratación de mocidade na provincia da Coruña

03 Mar 2021

A Deputación da Coruña convoca a liña de axudas PEL RELEVO_Creación de emprego para a xuventude.

Estas axudas van dirixidas a aquelas empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas da provincia da Coruña inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ás 14.00 horas do 31 de decembro de 2021.
Máis información no BOP da Coruña do 21 de xaneiro de 2021