Curso en Santiago de Compostela de monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Don Bosco

25 Feb 2021

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño de 2021

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Abril: 10, 11, 17, 18, 24, 25
Maio: 1, 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23
Xuño: 5, 6, 12, 13, 19, 20

O curso desenvolverase de forma dual: con parte presencial e parte online

Horarios:
As sesións presenciais serán de 9:00 a 14:00 e/ou de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual

Equipo necesario para as sesións online:
Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Matrícula:
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
Cubrindo o Formulario Curso Monitor/a de Tempo Libre
Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Prezo:  250€. Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

https://www.cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/324-curso-de-monitor-a-de-tempo-libre-2021-primavera