XX Premio de teatro “Rafael Dieste”

25 Feb 2021

A Deputación da Coruña convoca o XX Premio de teatro “Rafael Dieste”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.

Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

O tema e a extensión da obra será libre.
As obras presentaranse, preferentemente, en soporte dixital USB/CD, e xunto coa plica serán enviados á Deputación
da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XX Premio “Rafael Dieste” de textos teatrais.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 15 de abril de 2021.

Máis información no BOP da Coruña do 25 de febreiro de 2021 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/